Alberte Momán – Trazo*

trazo
cun forte movemento dos brazos
do corpo todo
as figuras que me dita o tempo
en pequenos suicidios
da ética inoportuna
en favor da política correcta
inherente á madurez

visito os lugares doutro tempo
falo
coa gravidade propia da razón absoluta
e fico prendido ao asento
seguro de ser observado
polo fío da última cervexa

non son horas xa
a máquina de amasar
fixo o seu traballo
e os doces fican na bandexa
agardando a chegada dos máis novos
como esgrime a prudencia

* Alberte Momán é um poeta galego e autor do blogue Moman

Comments

  1. Luis Moreira says:

    Aqui está a internacionalização do aventar.tal como no arranque ,um poema.É sempre a mais bela maneira de começar .

  2. maria monteiro says:

    LM, é esta a riqueza do Aventar.

  3. dalby says:

    Parece que a minhas mania de poemas e músicas e videos em espanhol está a criar os seus frutos..BISOUX!